O problema é que temos un Presidente do goberno acostumado a gobernar con maiorías: Deputación , Xunta e Estado. Non ten pois a cultura do dialogo necesaria para construír, ten a cultura do rodeillo que unida o seu dogmático inmobilismo constitucional fai que a sociedade estea estancada, ou peor, comece a estar enfrontada. Non fai uso da capacidade galega de dialogo e sentidiño, os galegos somos xente de pacto de axudas entre veciños, da roga e de impulsar cambios, cantos galegos e galegas impulsaron os Estados da diáspora coa súa natureza emprendedora.
É preciso reformular o Estado, é preciso falar do mundo global. Non é tan complicado, incluso en Alemaña existen rexións que teñen dereito á elección directa ó Parlamento Europeo, como recoñecemento. Galicia ten que estar no Estado e en Europa coa máxima capacidade e competencia, sería un tolo se dixese que Galicia pode competir sola no mundo, pero tamén é de recibo que o noso e noso e que temos que decidir entre nos, respectando o resto. Cal é o problema de votar? Quebec e Escocia fixérono, busquemos pois o marco legal e defendamos cada quen a súa postura.
É fácil agocharse tras un documento de 1978: PP, PSOE e Cidadanos sábeno. O difícil é explicar a necesidade de avanzar e de modernizar o Estado Español. Canta falta de altura política canta covardía e irresponsabilidade.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.