Site icon Crónica3.com A Mariña

En Cervo, a Casa do Concello e a Casa da Cultura ilumínanse de rosa contra o cancro de mama

191017 cancro de mamaO Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama. Así, a edil de Sanidade, Manuela Méndez, e a de Igualdade, Pilar Armada, repartiron esta mañá na rúa lazos rosas entre os veciños. Ademais, dende esta noite pasada e ata o domingo, a Casa do Concello e a Casa da Cultura iluminaranse de rosa e lucirán unha lazada simbólica nas súas fachadas. Tal e como apuntou a edil de Sanidade programamos ademais unha Andaina para o vindeiro domingo, 22 de outubro, que partirá ás 17:30 horas do peirao de San Ciprián, e ao remate da camiñata os participantes poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o Cancro.

Exit mobile version