Site icon Crónica3.com A Mariña

En O Vicedo tivo lugar este sábado o cuarto sorteo da campaña da FCAM, que repartiu 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á ACIA

211017 Foto grupo sorteo O VicedoO Vicedo, 21 de outubro de 2017. A carpa da Federación de Comercio A Mariña, instalada a carón da Casa da Cultura de O Vicedo, acolleu na tarde-noite de hoxe o cuarto sorteo de 1.500 en vales de compra da campaña da FCAM que daba comezo o pasado 24 de setembro e que concluirá o 11 de novembro.

As papeletas gañadoras foron extraídas da urna na que durante toda a xornada deste sábado os clientes do comercio vicedense as foron depositando ata as 20:30 horas, momento no que deu comezo o sorteo. Todas as persoas que fixeron compras por un importe superior a 10 euros en O Vicedo do 15 ao 21 de outubro puideron despois canxear eses tíckets por papeletas para participar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra, divididos nun total de 8 premios. Os afortunados e afortunadas foron os seguintes:

Premios de 100 euros
-Cecilia Orges
-Ana Rosa Iglesias
-Esteban Martínez
-Irene Martínez
-Carmen Baltar

Premio de 200 euros
-Dolores Parapar

Premio de 300 euros
-Berta Serantes

Premio de 500 euros
-Ana Rosa Iglesias

A directiva de ACIA de O Vicedo encargouse de entregarlles os premios aos gañadores.
Os seguintes sorteos serán o 28 de outubro en Covas, o 4 de novembro en Viveiro e o 11 en Burela.
A Mariña Federación destinou máis de 10.000 euros aos premios desta campaña, que chegou neste 2017 á súa terceira edición.

Exit mobile version