Site icon Crónica3.com A Mariña

Foron presentadas no Concello de Burela as xornadas micolóxicas, que terán lugar o 28 e 29 de outubro

261017 Foto xornadas micolóxicasEstas xornadas darán comezo o sábado, 28 de outubro, ás 10:00 horas, coa charla sobre os cogumelos da nosa comarca, que ofrecerá na antiga biblioteca Cristina García-Echave Puente, licenciada en biología e experta no mundo dos cogomelos. Ás 11:00 horas, os participantes sairán cara ao lugar no que procederán á recollida de setas, e á volta prepararán unha mostra. Esta actividade é de balde, pero o desprazamento e a comida serán por conta propia. O domingo, 29 de outubro, na Casa da Cultura poderá visitarse a exposición dos exemplares recollidos desde as 10:00 ata as 14:00 horas.

Exit mobile version