Site icon Crónica3.com A Mariña

“Fotos con historia”, na biblioteca de San Cibrao

231017 Ler conta moitoO Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, conmemora o Día das Bibliotecas facendo entrega de libros nos colexios do municipio, e ademais será unha xornada de portas abertas na Biblioteca da Casa da Cultura, na que se dará a coñecer os diferentes cambios que se fixeron nas instalacións; entre eles a creación dun recuncho infantil e a adquisición de novos volumes.
Os pequenos tamén poderán facer o carné infantil para poder adquirir libros en préstamo ao longo de todo o ano.

Exit mobile version