Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que faigan as xestions oportunas para retirar 11 nidos de vespa velutina en Cordido,reparen mesas e bancos rotos na area recreativa de Vilaxoane e se limpe unha finca en Fazouro

O pasado 11 de Outubro celebrouse o pleno do mes de Setembro, e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno, “FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”, formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.

Os rogos foron os seguintes:
1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno fagan as xestións oportunas para retirar 11 nidos de vespa velutina que se encontran na parroquia de Cordido, que xa pasaron aviso ó Concello no mes de Xulio.
2.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a reparar mesas e bancos en mal estado na area recreativa de malates.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno procedan a notificar, ou limpiar unha finca na parroquia de Fazouro, que está a perxudicar gravemente a veciños desta.

As Preguntas foron as seguintes:
1.¿Ten o Alcalde algunha información de cando van a retomar as obras de mellora da estrada N-642, ó seu paso polo Concello de Foz?
Resposta: Según ten información, está listo para a contratación da obra, polo que se calcula que comezarán despois do inverno.
2.¿Cando van comenzar as obras das instalacións da Protectora?
Resposta: Está o proxecto contratado nestes momentos,poeque hai que adaptar o proxecto ó diñeiro que hai dispoñible.
3.¿Que nos pode informar o Alcalde do estado do Plan Xeral?.
Resposta: Nestes momentos hai un problema importante con Augas de Galicia que hai que solucionar, ten unha solución dificultuosa, polo que vai levar posiblemente un tempo importante.

FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.

Exit mobile version