Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciativas paliativas contra catástrofe de incendios presentadas no Parlamento Europeo por CxG

Galicia 18 de outubro de 2017. Na mañá do luns a Comisión executiva de Compromiso por Galicia poñía a traballar os mecanismos da nosa formación en Bruxelas, entendendo que se precisaba unha acción política seria e forte diante da catástrofe sen paliativos que foi a xestión dos incendios do día 15. En sintonía coa nosa eurodeputada Izaskun Bilbao artellamos unha estratexia encamiñada a varios frontes de traballo, en previsión da lentitude na xestión da Xunta e diante do inmobilismo do resto de grupos que so pretenden sacar unha foto.
Precisamos activar o fondo europeo de catástrofes e tamén activar o fondo europeo de solidariedade, isto depende tamén da petición formal da xunta, pero vemos con alarma que Feijoo non e quen de activar esta liña de axudas necesarias.
Pedimos tamén que sexa Europa quen vixíe e faga cumprir a normativa sobre madeira queimada e que se leven a cabo os controis necesarios.
Compromiso ven de activar unha política seria que se basea no servizo á xente, entendemos a política propositiva e de control. Era necesario primeiro atallar os lumes, respaldar o loito e atender ás familias que perderon todo. Neste momento estase a falar de Galicia en Europa, con documentos e con propostas grazas á acción de Compromiso por Galicia.
Estaremos vixiantes a que a Xunta e Feijoo cumpran o seu cometido calquera axuda é pouca.

Exit mobile version