Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolle entre o 7 e o 31 de outubro a exposición fotográfica sobre paisaxes da Mariña de Cristian Carabali

Mondoñedo, 5 de outubro de 2017.- A exposición fotográfica de Cristian Carabali, que recolle imaxes de paisaxes da Mariña, chega no mes de outubro a Mondoñedo. A inauguración celebrarase este sábado, sete de outubro, na Sala de Exposicións do Centro Comarcal (Pazo de Santo Tomé), ás 17:00 horas.

Esta exposición, que suma a décimo primeira que o fotógrafo fai na comarca, poderá visitarse dende o sábado día sete ata o 31 de outubro, tanto en horario de mañá de 10:00 a 15:00 horas, como pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.

A mostra recolle imaxes de diferentes paisaxes da Mariña lucense e, no caso concreto de Mondoñedo, hai fotografías da Catedral e do Mosteiro dos Picos. Ademais, entre a imaxes seleccionadas para ser expostas na localidade tamén hai retratos que, segundo o autor, son atípicos, xa que responden a unha forma diferente de mostrar ás persoas.

Cristian Carabali, autor autodidacta e amante da fotografía, feito que o levou a perfeccionar a súa técnica a través da formación online, precisa que as imaxes que se exporán en Mondoñedo son o resultado de técnicas variadas e moi diferentes ás usuais como poden ser os retratos baixo a auga.

Ademais, coa súa fotografía, Carabali busca recuperar o que a xente normalmente se perde dado os horarios que guían as rutinas diarias. Así pon como exemplos, imaxes de paisaxes coas cores características das primeiras horas da mañá ou dos atardeceres.

Exit mobile version