O colexio conta con 370 alumnos pero o novo parque está especialmente pensado para os escolares de Educación Infantil, uns 150 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos.
O novo parque infantil é froito do esforzo liderado desde a dirección do centro que conseguiu contar coa colaboración das distintas administracións e incluso co apoio económico de La Caixa.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asumiu gran parte do investimento para as obras de instalación deste novo parque e para a dotación dos distintos elementos de xogo, o que supuxo un investimento de máis de 15.000 euros.
Tamén colaborou a entidade financeira, con 6.000 euros, o centro con recursos propios e conta co compromiso do Concello de Ribadeo para facerse cargo do mantemento das instalacións e limpeza da contorna.
Segundo indicou Balseiro, trátase dun investimento para dotar ao colexio de mellores servizos e dun espazo de xogos máis moderno para o goce dos escolares que acoden diariamente ao centro