Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide a sanidade que escoite a cidadanía e non suprima as áreas sanitarias

Santiago de Compostela, 18 de outubro , 2017.- Pleno. A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre a calidade asistencial en Atención Primaria e Hospitais Comarcais ante a modificación da lei de Saúde, ao seu xuízo, elaborada con “nocturnidade e alevosía” e sen diálogo previo coa mesa sectorial e colectivos sociais.
Para a deputada, a modificación da lei provocará máis deterioro na sanidade pública, “consolida a liña de recortes, prioriza o criterio económico e afecta negativamente á calidade asistencial”, afirmou.
Montse Prado recalcou que a modificación da lei suporá a supresión das actuais áreas sanitarias para crear unhas áreas maiores na súa extensión territorial, medida que provocou diferentes mobilizacións en unha forte opoisición da cidadanía e os profesionais.
Coa modificación que pretende aprobar o Partido Popular, dixo, Prado os Hospitais Comarcais e Atención Primaria pasan a ser “meros apéndices dos grandes hospitais”, con unha máis que evidente perda de autonomía, capacidade de decisión e dirección e “os grandes hospitais absorberán a maior parte dos recursos sanitarios”.
O Partido Popular pretende levar a cabo esta modificación da Lei de Sanidade de Galiza, sen ter levado a cabo ningunha avaliación de cales foron as consecuencias para a sanidade pública galega da creación das EOXIS.
O BNG, reiterou a nacionalista, manifesta a súa oposición a esta modificación, que significa confirmar o afastamento dun modelo sanitario de calidade e cercano á poboación polo que preguntou ao Goberno galego considera que Atención Primaria e os Hospitais Comarcais poden prestar unha boa calidade asistencial coa perda de autonomía, capacidade de decisión e dirección que consolidan esta modificación.

Exit mobile version