Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro organiza un curso de “defensa persoal e autocapacidades”

Esta actividade, dirixida a mulleres, levarase a cabo os días 22 e 30 de novembro de 2017 en horario de 16:00 a 20:00 horas. Será impartida por un profesor da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e membro da Federación Galega de Loita. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de novembro. As mulleres que acrediten a súa asistencia e participen no dito curso terán dereito a un diploma. Poden informarse e/ou anotarse no CIM de Viveiro, directamente no propio centro (Avda. Cervantes, s/n – Claustros San Francisco), 982 55 04 21 e 649 99 07 37, ou a través do e-mail cim@viveiro.es.

Exit mobile version