Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz adxudicou a obra de renovación dos parques infantís da praza Conde de Fontao e do Campo da Cabana

Foz, 17 de outubro de 2017. O Concello de Foz adxudicou a renovación de dous parques infantís no núcleo urbano focense, concretamente na praza Conde de Fontao e no Campo da Cabana. Estas obras, cun presuposto de 40.000 euros, serán realizadas nas próximas semanas.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “o Concello de Foz ven de adxudicar a obra de reposición de dous parques infantís no núcleo urbano do concello de Foz, concretamente os da praza Conde de Fontao e do Campo da Cabana”.
Castiñeira subliña que “son dous parques infantís moi frecuentados por nenos, pais e nais do noso concello e non se atopaban en moi bo estado. Dentro das obras do Plan Único quixemos meter dous parques porque entendemos que hai que coller xa unha dinámica de reparación dos innumerables parques que hai en Foz; e estes son dous dos que en peor estado se atopan”.
O rexedor focense sinala que “son 40.000 euros de presuposto e as obras foron adxudicadas á empresa Instalaciones Bahía Park, que nas próximas semanas renovará eses dous parques para que nos próximos meses poidan ser xa usados”.
Javier Castiñeira di que “é unha obra incluída no Plan Único solicitado polo Concello de Foz á Deputación e que se está intentando aproveitar en cousas necesarias. Os parques infantís do noso concello entendo que necesitan un plan de rehabilitación e así o pediu tamén no pleno innumerables veces a oposición. Hai que ir pouco a pouco e este ano faranse estes dous. Esperemos que durante o ano que vén tamén se poida dedicar unha partida do Plan Único á reposición doutros parques infantís do noso concello, que é moi necesaria”.

Exit mobile version