Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno converte á Deputación na principal patrocinadora da Festa dos Cogomelos de Xermade

FESTA COGOMELOSLugo, 20 de outubro de 2017. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, e o Presidente da Asociación de Veciños do Campo, José Corral, presentou a XIX Festa dos Cogomelos, que terá lugar o vindeiro sábado, 28 de outubro na Carballeira do Campo de Roupar. O organismo provincial é o principal patrocinador desta cita cunha achega de 6.000 euros, coa que tamén colaborou co Concello de Xermade na organización do XVII Encontro de Torneiros da Madeira, dous eventos que logran reunir a centos de persoas neste municipio chairego.

Vidal Baamonde subliñou que “colaboramos con este evento dentro da nosa aposta por potenciar cada un dos recursos dos nosos Concellos como un valor diferencial que nos converten nunha provincia única, que cambia de recuncho a recuncho, e que é capaz de ofrecer unha oferta turística totalmente diferente. Precisamente, esta é unha das liñas de traballo que define o primeiro Plan Estratéxico de Turismo na provincia, totalmente participativo, que fixemos dende o Goberno da Deputación, co obxectivo de xerar riqueza e dinamizar o emprego a través do turismo”.

A 19ª edición da Festa dos Cogomelos dará comezo a partir das 14:30 horas. Haberá un xantar popular composto por empanada de cogomelos, níscaros en salsa con arroz branco, boletus con carne, sobremesa, café e bebidas. Os tíckets, que terán un prezo de 15 euros, poderanse recoller ata o día 25 de outubro nos seguintes establecementos: Bar Petróleo, Bar Moncho e Bar Ares (Roupar), Bar O Paso (Candamil), Bar Doucello (Cabreiros), Bar Cristal e Bar O Porrás (Vilalba), Bar A Fervenza e Café Bar Daniel (As Pontes), Bar Pita e Bar Casal (Xermade), Restaurante Tino (Momán). Os menores de 12 anos terán entrada de balde. Tamén haberá sesión vermú e verbena co Dúo Trópico.

Exit mobile version