Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación ofrece a lucenses maiores de 55 anos descontos en tratamentos termais na provincia

IMG_0844Lugo, 20 de outubro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, informou sobre a adxudicación na Xunta de Goberno deste venres do Lugo Termal 2017. Con este programa, o Executivo da Deputación ofrece a lucenses maiores de 55 anos, dende novembro e ata finais de marzo, descontos en tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pantón e Pambre, que son os establecementos que decidir participar neste proceso público. Faino cunha achega de 36.000 euros.

Lugo Termal 2017, que fomenta o benestar e o turismo termal, enmarcándose no Plan Estratéxico de Turismo da Deputación de Lugo, inclúe:

600 prazas subvencionadas con estancia. Este paquete consisten en 6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres, pensión completa, 1 recoñecemento médico, 12 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é de 190 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación.

Prazas subvencionadas ilimitadas sen estancia. Este paquete inclúe 30 técnicas termais durante 10 días, sendo 3 técnicas ao día; e un recoñecemento médico. O prezo neste caso é de 200 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación.
Máis social
Dentro da aposta por unha Deputación social e coas persoas, o Lugo Termal 2017 ofrece atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial.

Campos Conde explicou que “decidimos reeditar esta programación debido ao éxito das 6 anteriores convocatorias, nas que participaron unhas 5.600 persoas, aos que lles ofrecemos facilitades de acceso a tratamentos mineromedicinais, potenciando, deste xeito, o benestar social, así como o turismo termal”

Prazo aberto en novembro
“Cómpre destacar, pois xa hai moitas persoas interesadas nesta programación, que o prazo de solicitude se abrirá en novembro, pois temos que aprobar un proceso de concorrencia, no que estableceremos que as prazas sexan para lucenses maiores de 55 anos e que se concederán por rigoroso orde de entradas das solicitudes”, remarcou. Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante de calquera idade, que tamén terán a posibilidade de desfrutar destes descontos sempre que xustifiquen o seu empadroamento na provincia.

Exit mobile version