
Este xoves celebrouse no IES de Foz unha degustación de platos elaborados con cogomelos polo alumnado do segundo ciclo de cociña. 18 foron as propostas presentadas que saborearon as persoas asistentes, entre os que se atopaban o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, varios edís deste Concello, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, e o presidente de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo. Dentro das xornadas micolóxicas do centro educativo inclúese unha exposición coas setas recollidas hai uns días no monte.