A Concellería de Cultura presenta este sábado 7 ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo a obra de teatro O Inspector a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo. Esta representación está inserida no Programa Buxiganga 2017 que promove a Deputación de Lugo en apoio das artes escénicas e dinamización da vida cultural dos concellos. O Inspector é a adaptación dunha comedia do dramaturgo e novelista ucraíno Nikolái Gogol. O seu argumento baséase na típica confusión cómica: nunha vila de Galicia agardan o inspector xeral enviado desde a capital para investigar os abusos e corruptelas cometidos nesa administración local. A chegada dun home misterioso confundido co inspector desencadeara equivocos, enganos e subornos.