Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén imponse con oficio ante As Burga (3-4)

judith-gironella17Burela 21-10-17. O Pescados Rubén Burela FS tirou de oficio para regresar esta tarde dos Remedios con tres novos puntos, ante Cidade das Burgas (3-4). As pupilas de Julio Delgado e Lucas non viviron o seu mellor partido en Ourense, cun marcador de tira e afrouxa do que se fixeron donas grazas ao xogo de cinco.

A falta de pouco máis dun minuto para o ecuador antes do descanso, Ana Lastra sorprendeu a Ana Romero desde o campo ourensán. Reaccionaron as de Julio Delgado e Lucas, no minuto 11, con xogo de cinco. Cilene atopou o empate no 14. Segundos despois, co regreso de porteira xogadora, adiantou Lara as mariñás cun remate pola escuadra. Clara devolveu as táboas ao electrónico antes do asubío para o descanso.

Aos cinco minutos da volta ao parqué, as laranxas volveron apostar por porteira xogadora. Rozando o minuto 30, chegou a recompensa do 3-2 nos pés de Julia Forsiuk. A volta ás táboas fíxose esperar pouco; no 33, Clara anotaba o 3-3 nun rexeite fronte a Jozi. Con todo, aínda menos tardou o definivito 3-4, para asegurar os tres puntos das da Mariña. Lara asinouno tras o saque de centro.

Ficha técnica
Cidade das Burgas: Ana Lastra, María Arias, Clara, Nahir, Amelia, cinco inicial; tamén xogaron Figo, Canolich
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero , Dany, Cilene, Lara, Sara Correia, cinco inicial; Judith, Bea Mateos, Sofía, Julia Forsiuk, Jozi

Goles: 1-0, minuto 8, Ana Lastra; 1-1, minuto 14, Cilene; 1-2, minuto 15, Lara; 2-2, minuto 17, Clara; 2-3, minuto 30, Julia Forsiuk; 3-3, minuto 33, Clara; 3-4, minuto 34, Lara.

Árbitros: García Rodríguez // Feliz Otero (Galicia). Por Cidade, amarela a Clara. Por Burela, amarela a Judith.
Incidencias: Partido da sexta xornada de Primeira División RFEF disputado nos Remedios (Ourense). Minuto de silencio pola traxedia dos incendios sufridos en Galicia, Asturias e Portugal

Exit mobile version