Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE da Pontenova denuncia que os novos horarios das rutas de autobuses limita gravemente a mobilidade dos veciños do Concello

A Pontenova (Lugo), 20 de outubro de 2017.- O Tenente de Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez demanda á Xunta novos horarios nas liñas de autobús. Denuncia que os novos horarios das rutas de autobuses limita gravemente a mobilidade dos veciños do Concello, xa que lles impide asistir ás citas do HULA, tanto nas quendas de mañá e de tarde.

Asegura que “cos horarios existentes o Goberno de Feijoo alonxa os servizos públicos esencias dos lucenses, sobre todo no rural, como a asistencia ás consultas e revisións no Hospital de Lugo por parte dos veciños da Pontenova”.

Anuncia que o pasado día 28 de agosto o Concello da Pontenova enviou un escrito coas demandas á Dirección Xeral de Mobilidade que a día de hoxe non tiveron ningunha resposta. Lembra tamén que a Xunta pediu un cuestionario aos Concellos para coñecer ás súas respectivas demandas, e denuncia que non foi tido en conta. Dixo que os horarios das liñas actuais “nos demandou nin tampouco os utiliza ninguén”. Asegura que co servizo actual “os veciños da Pontenova non están atendidos”, e remarca que presentaron o escrito diante da Xunta “ante as constantes peticións dos veciños da vila que viron mermados os seus dereitos para poder empregar un transporte público que atenda as súas demandas”, resumiu.

O Tenente de Alcalde sinala que segundo consta no escrito remitido ao departamento de Mobilidade da Xunta, demandan os seguintes novos horarios;

RUTA DE LUNS A VENRES (RIBADEO-A PONTENOVA-LUGO)

SAÍDA DE RIBADEO A PONTENOVA CHEGADA A LUGO

06:45 07:20 08:30
13:25 14:00 14:50
18:00 18:35 19:45

RUTA SÁBADO E DOMINGO (RIBADEO-A PONTENOVA-LUGO)

SAÍDA DE RIBADEO A PONTENOVA CHEGADA A LUGO
16:25 17:00 17:45

RUTA DE LUNS A VENRES (LUGO-A PONTENOVA-RIBADEO)

SAÍDA A LUGO A PONTENOVA CHEGADA A RIBADEO
13:30 14:10 14:40
16:00 16:45 15:30
20:30 21:15 22:05

Martínez remarca que estes horarios que demandan á Xunta están baseados nas peticións dos propios usuarios do servizo. “Diante das queixas dos veciños da Pontenova instamos á Xunta a que teña en conta estas novas rutas, xa que deste xeito damos resposta á demanda existente”. Ademais critica “que o servizo de autobús ata o HULA, tanto en quenda de mañá e de tarde, está totalmente desatendido e non hai rutas compatibles coas consultas médicas”.

O Tenente de Alcalde lembra que A Pontenova é un concello “cunha poboación altamente envellecida, con pensionistas que reciben cuantias moi baixas, e a maioría non poden permitirse o luxo de utilizar un taxi, xa que suporía un incremento á súa minguada economía moi elevado”, explica.

Martínez relata que a demanda da fin de semana realizase tendo en conta as peticións dos estudantes do Concello que teñen que realizan estudos na capital da provincia, ou teñen que coller conexións cara outros núcleos de poboación, como Vigo e Santiago, e poder enlazar con outras liñas.

Exit mobile version