Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo denuncia a pobre xestión do Goberno do PP que se pon de manifesto na Conta Xeral, e critican que non se executen investimentos por máis de 500.000 euros

Cervo (Lugo), 2 de outubro de 2017.- O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, criticou o balance que expresan as contas do Concello de Cervo, que foron aprobadas só co voto do PP. Porque a Conta Xeral é a que determina o grado de cumprimento dos orzamentos municipais, que son o planeamento económico e estratéxico do Concello. En relación a isto os socialistas din, “o equipo de goberno elaborou estes orzamentos sen ter ningún plan nin proxecto para os seus veciños, e por iso orzamentos do PP quedan intencionadamente en mans da improvisación”.

Mon Fernández advirte que cun pouco que se analice a Conta Xeral, vemos como se confirma a pobre e nefasta xestión que esta a realizar o Goberno do PP en Cervo. Critica que haxa partidas correspondentes a inversións sen executar; como as destinadas á vivenda, abastecemento de auga, asistencia social primaria, fomento do emprego, promoción cultural, deportes ou mesmo para a promoción turística. Coas cifras na man denuncia que deixáronse sen executar nestas partidas 514.261 euros.

O voceiro socialista preguntase si no Concello de Cervo e os seus veciños non tiveran necesidades. Denuncia que hai parroquias sen saneamento, familias que non poden facer uso da traída de augas pero si a pagan, instalacións municipais en estado deplorable, infraestruturas sen mantemento que transmiten a realidade do abandono. A EDAR de Cervo que non resucita, o saneamento de Figuerido, que a pesar de ser recente xa esta deteriorado, a EDAR de San Ciprián sen estar o 100% un día vai e 5 non e mentres se verte directamente o mar.

Sinala ademais que durante este exercicio efectuáronse 30 modificacións de crédito: 2 incorporacións de remanentes, 7 transferencias de crédito, 19 xeracións de crédito e 2 de crédito extraordinario.

Así as cousas afirma que “o Goberno do PP non teñen ningún motivo de triunfalismo, aínda que vivan para a propaganda, a conta xeral retrata a mala xestión que o equipo de goberno do Partido Popular esta a realizar”, resumiu.

Exit mobile version