O acto desenvolverase no Centro de Interpretación da Faba a partir das 12 da mañá. En el intervirán varias autoridades locais, provinciais e autonómicas. Unha vez rematada esta presentación haberá unha visita ao Mosteiro da Igrexa de San Salvador e ao Pazo de Tovar, onde finalizará a inauguración desta ruta cunha pequena degustación gastronómica.
A Ruta da faba xira arredor dos principais tesouros desa zona mariñana: arte, natureza, gastronomía e o cultivo da faba. A proxecto inclúe visitas guiadas polo patrimonio artístico de Lourenzá ao Mosteiro e á Igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro e ao Pazo de Tovar; paseos pola natureza a través da Área Recreativa do Muíño do Pereiro e do Miradoiro da Valiña; degustacións gastronómicas con faba de Lourenzá e outros produtos típicos da zona; así como visitas ao Centro de Interpretación da Faba e á Cooperativa Terras da Mariña.
As persoas e grupos interesados en facer a Ruta da Faba de Lourenzá poden obter máis información na páxina web www.amariñalucense.gal