Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras, Voluntarios de Alcoa e Comunidade de montes de Landrove: ruta e homenaxe aos falecidos nos incendios de Galicia e Portugal

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela 21-10-17. Os senderistas de Pasada dás Cabras de Burela realizaron este sábado unha ruta de sendeirismo dentro do marco de colaboración que desde hai anos manteñen coa Fundación Alcoa. Nesta ocasión coa subida ao Monte Castelo de Viveiro. Un total de 50 persoas, sendeiristas e voluntarios da factoría mariñá.

Ao chegar ó cumio, onde se atopa a capela de San Martín Castelo rendeuse unha homenaxe aos falecidos nos incendios que días pasados arrasaron Galicia e Portugal, plantando un castiñeiro na súa memoria os responsables das tres entidades participantes: Juan Parapar e Pablo Díaz, Presidente e tesoureiro da Comunidade de Montes de Landrove, Aurelio Fernández, responsable do Plan de Acción dos Voluntarios de Alcoa e José Antonio Armesto, Presidente de Pasada das Cabras, en presenza de todos os participantes.

Despois deste acto os participantes repuxeron forzas con empanadas e bolos preñados, para finalmente retornar ao punto de partida.

Exit mobile version