Site icon Crónica3.com A Mariña

QUE NINGUÉN SE CHAME A ENGANO

Que ninguén se chame a engano. A operación que se vai a poñer en marcha coa activación do artigo 155 CE ten como obxectivo a castración do nacionalismo catalán. É unha operación dirixida a converter ao nacionalismo catalán nunha opción políticamente estéril.

En realidade, trátase dunha prolongación da operación que o PP puxo en marcha contra a reforma do Estatuto de Autonomía de Catalunya en 2005/2006. Naquela ocasión a operación tiña como obxectivo baleirar de contido a reforma pactada entre o Parlament e as Cortes Xerais e aprobada posteriormente en referendo por o 75% dos catalans. Volver a 1979, reducir o contido e alcance do exercicio do dereito á autonomía ao que fora desde a entrada en vigor do Estatuto orixinario co desenvolvemento normativo e jurisprudencial deses algo máis de vinte e cinco anos. Todo o que fóra máis aló no Estatuto reformado debía ou ser declarado anticonstitucional directamente ou ser interpretado de tal xeito que acabase encaixando nos límites do Estatuto do 79.

Este era o núcleo esencial do recurso que interpuxo o PP. O dereito á autonomía que cabe na Constitución é o que se veu exercendo desde que se construíu o Estado das Autonomías coa aprobación dos diferentes Estatutos de Autonomía e non se pode ir máis aló do que foi este exercicio. Para que se puidese ir máis aló sería preciso unha reforma da Constitución. Como non foi o caso na reforma do Estatuto de Autonomía de Catalunya, a operación reformista ten que ser baleirada de contido. Este obxectivo do PP foi feito seu polo Tribunal Constitucional na STC 31/2010. O pasado do dereito á autonomía é tamén o seu presente e o seu futuro, mentres non se reforme a Constitución.

Exit mobile version