Site icon Crónica3.com A Mariña

Remataron as obras de asfaltado no aparcamento da praia da Marosa. Vai contar con 63 prazas, que serán pintadas estes días

191017 Foto aparcamento A MarosaBurela, 19 de outubro de 2017. Remataron as obras de asfaltado realizadas no aparcamento da praia da Marosa que supuxeron un investimento de máis de 20.000 euros. Agora queda pendente o pintado das 63 prazas que se crean. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, subliña que “será un aparcamento moi práctico, sobre todo para a tempada estival”.
O edil burelés contou que “no día de hoxe acabouse o asfaltado en todo o aparcamento da praia da Marosa. Este asfaltado fíxose por medio dun convenio coa Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia. O total da inversión son 20.331,34 euros, dos que a Axencia de Turismo de Galicia achega 15.248,51 euros e o Concello de Burela 5.082,83 euros”.
Fernández Rey anunciou que “nestes próximos días procederase ao pintado das prazas de aparcamento, xa que alí era unha zona que sempre había problemas de malos hábitos porque non estaban marcadas as prazas, e entendemos que con isto vai quedar arranxada esta situación”.
O concelleiro de Obras dixo que “era unha inversión que tíñamos ganas de facer desde hai tempo e aproveitamos esta subvención que a Xunta de Galicia sacou a través de Turismo para poder acometela”.
Para Ramiro Fernández “quedou un aparcamento que vai ser moi práctico para a tempada estival, e entendemos que os problemas de aparcamento que alí se estaban producindo van quedar totalmente resoltos”.
O responsable de Obras no Concello de Burela subliñou que “quedou un aparcamento moi curioso alí para poder aproveitar”.

Exit mobile version