
Burela 23-10-17. A Fundación Imdecum ten unha cara nova na aposta polo Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña. Trátase do burelao Simón Martínez Díaz, titulado no ciclo superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas e monitor de Fútbol Base que comparte responsabilidades con Alfonso Mera Río na organización de eventos centrados da práctica deportiva en igualdade, con especial incidencia en idades temperás.
Simón Martínez, que tamén está cursando o grao de Mestre de Educación Primaria, incorporouse á estrutura da entidade no mes de xullo como técnico de actividades deportivas para compartir responsabilidades con Alfonso Mera Río, a través da terceira edición do programa Ben Empregado da Deputación de Lugo, que financia a contratación de desempregados en 2017.