Site icon Crónica3.com A Mariña

Somos Unha Área lamenta que o PP de Viveiro decline escoitar a opinión da veciñanza en materia sanitaria

Viveiro 30-10-17. En declaracións á prensa o PP de Viveiro confirma que non asistirá á reunión informativa sobre a reforma da Lei de Saúde que terá lugar este luns no salón multiusos do Concello de Viveiro, afirma o movemento veciñal.

“Lamentamos que sen escoitar previamente ás veciñas e veciños de Viveiro, avalen unha reforma lesiva para un dereito fundamental: unha sanidade pública digna e de proximidade”, afirman.

Por todo o anterior entenden que o PP de Viveiro avala, sen escoitar ás veciñas e veciños, aspectos como os seguintes:

– Supresión da Área Sanitaria da Mariña.

– Centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela.

– Desprazamentos constantes da poboación da Mariña, nalgúns casos a máis de hora e media de viaxe, ao Hospital de Lugo para realizar probas e consultas que ate agora realizaban nas súas comarcas.

– Desmantelamento da Atención Primaria, porta de entrada ao sistema público de saúde.

– Beneficiar aos hospitais privados da cidade de Lugo, como o Polusa ou a Nosa Señora dos Ollos Grandes, que curiosamente acometeu recentemente unha importante reforma das instalacións, xa que non paran de medrar a medida que se reduce a carteira de servizos do Hospital da Costa.

“Para nós e prioritario que A Mariña sexa un área sanitaria propia, sen depender de Lugo como ocorre na actualidade, que xestione os recursos humanos, materiais, de infraestruturas e coordine a atención especializada coa atención primaria”, conclúen.

Exit mobile version