Site icon Crónica3.com A Mariña

Tivo lugar este sábado en Foz o segundo sorteo da campaña da FCAM, que repartiu 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a ACIA/CCA

071017 Foto sorteo Foz 1Foz, 7 de outubro de 2017. A carpa da Federación de Comercio A Mariña, instalada na praza do Concello, acolleu na tarde-noite de hoxe o segundo sorteo de 1.500 en vales de compra da campaña da FCAM que daba comezo o pasado 24 de setembro e que concluirá o 11 de novembro.

As papeletas gañadoras foron extraídas da urna na que durante toda a xornada do sábado os clientes do comercio focense as foron depositando ata as 20:30 horas, momento no que deu comezo o sorteo. Todas as persoas que fixeron compras por un importe superior a 10 euros en Foz do 1 ao 7 de outubro puideron despois canxear eses tíckets por papeletas para participar no sorteo de 1.500 euros en vales de compras, divididos nun total de 8 premios. Os afortunados e afortunadas foron os seguintes:

Premios de 100 euros
-Jairo Méndez
-Antonia Rocha
-María Mon
-Bernardo Moreira
-Eugenia Gutiérrez

Premio de 200 euros
-Dolores Muñiz

Premio de 300 euros
-Manuela Suárez

Premio de 500 euros
-Hugo García

Varios membros da directiva de ACIA/CCA foron os encargados de entregarlles os premios aos gañadores.

Exit mobile version