Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha ducia de profesionais aprenden como incorporar a cerámica á moda coa Deputación

FOTO OBRADOIROS SARGADELOSLugo, 19 de outubro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo este xoves un encontro cos 12 profesionais que participan no Obradoiro de Cerámica e Complementos de moda que organiza o Goberno da Deputación xunto á Fundación Sargadelos.

É 1 dos 3 Worshops Sargadelos 2017, que o Executivo Provincial ofrece gratis a profesionais do sector, asumindo con 20.000 euros todos os custes pola formación e ás practicas sobre innovadoras técnicas coas levar a cerámica a outros sectores (buscando deste xeito novos nichos de mercado), que reciben da man de destacados expertos nestes sector a nivel internacional.

No obradoiro que ata o venres se desenvolve nas instalacións do CENTRAD da Deputación, na capital luguesa, os titores son Helena Rohener, Marina Casal, Andrés Gallardo e Jorge Vázquez. Os participantes reciben formación e realizan prácticas, incorporando pezas de téxtil, marroquinería ou xoiería aos seus traballos de cerámica.

Os vindeiros obradoiros son os seguintes:

– Cerámica e iluminación, do 23 ao 27 de outubro na fábrica de Sargadelos: obradoiro de deseño e desenrolo de pezas cerámicas con elementos de iluminación contemporánea para o sector da decoración. Os titores serán David Martí, Jordi Capdevila, Arturo Alvaréz, Manuel del Río e Carlos Álvarez. Terá lugar do 23 ao 27 de outubro na fábrica de Sargadelos, no Concello de Cervo.

– Cerámica e gastronomía, do 6 ao 10 novembro na fábrica de Sargadelos: obradoiro de deseño e desenrolo de pezas cerámicas para a gastronomía contemporánea. Os titores serán os deseñadores Isaac Piñeiro, Xabier Rilo e Ricardo Tubio, así como os cociñeiros Iago Pazos e Manuel Valencia. Abordarán a tipoloxía de cada peza segundo o tipo de prato. Terá lugar do 6 ao 10 de novembro na fábrica de Sargadelos en Cervo.

En cada taller ofrécense 40 horas de formación e 12 prazas, sumando, con 3 obradoiros, un total de 120 horas de clases teóricas e principalmente prácticas, así como 36 prazas. Os Workshops contan coa colaboración de profesionais das fábricas de Sargadelos, deseñadores cunha recoñecida traxectoria a nivel internacional nas tres especialidades que se ofrecen (moda, iluminación e gastronomía) e de deseñadores da Escola de Deseño Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña e da Escola Superior de Moda de Galicia da Universidade de Vigo.

Exit mobile version