Site icon Crónica3.com A Mariña

Villoslada afirma en viveiro que o partido e a sociedade galega merecen “un PSdeG estable e cun proxecto a longo prazo cunha voz forte”

Viveiro 3 de outubro de 2017. O candidato á secretaría xeral do PSdeG Juan Díaz Villoslada, que hoxe terá un encontro coa militancia en Viveiro, chama a ter “altura de miras” no proceso de primarias porque “Galicia está nun momento crucial”, e o partido e a sociedade galega merecen “un PSdeG estable e cun proxecto a longo prazo cunha voz forte para confrontar coas políticas do PP”.
“Non podemos permitirnos cócteles de intereses artificiais que non sabemos canto van durar; temos que buscar a unidade e un proxecto común e coral desde un proxecto e unha voz forte”, di Villoslada, e iso “non comeza ben se o futuro está condicionado polo reparto de sillas e parcelas independentes” dentro do partido. “Levamos moito tempo con cambios frecuentes e sen unha dirección estable, e a militancia demanda solidez e certezas”, conclúe.

Exit mobile version