Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai a realizar o vindeiro sábado día 11 de novembro a 10.ª e última etapa do Camiño do Cantábrico de 15 kms. dende a Praia de San Román ata O V icedo.

A saída será ás 9 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son e inclue autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no tel: 982 580 504 antes do xoves día 9 de novembro ás 20,00 h. O vindeiro venres día 24 de novembro no Hotel Palacio de Cristal celebraremos a Asamblea Ordinaria Anual ás 20,30 h. en 1.ª convocatoria e ás 21,00 h. en 2.ª e ao finalizar faremos a Cea-Baile anual.

Exit mobile version