Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación e o Burela FS abordan o futuro laranxa

reunion-pabloriveradeputacion17Burela 16-11-17. O Pescados Rubén Burela FS foi recibido onte na Deputación de Lugo polo deputado de Deportes, Pablo Rivera, para abordar o Futuro Laranxa de cara a 2018-19. A necesidade de adaptar as instalacións de Vista Alegre de acordo aos requisitos esixidos pola LNFS a partir de xuño de 2018, ademais de diversos proxectos para a vindeira tempada, foron o eixe central da xuntanza, coa presenza do presidente e vicepresidente do club mariñán, Manuel Blanco e José Luis Sáez, xunto ao tenente de alcalde e concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández.

“Tanto Pablo Rivera coma Ramiro Fernández son coñecedores da nosa realidade e esta mañá reafirmaron o apoio que ambas as administracións xa nos veñen brindando para garantir o crecemento do Burela FS nas súas respectivas competicións, sen que as condicións das instalacións deportivas sexan un freo. O deputado de Deportes amosouse moi interesado polas necesidades e inquedanzas do noso club; agradecemos tanto súa implicación coma a do edil de Deportes de Burela no día a día da nosa entidade e especialmente na sensibilización co deporte feminino“, explicaba ao remate da reunión en Lugo Manuel Blanco.

Exit mobile version