A embaixada de España en Canadá organizou un acto de recepción dun grupo de profesores, entre os que se atopa unha profesora do IES San Rosendo de Mondoñedo, Ana Belén López, que participan no Programa Internacional de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) convocado pola Xunta de Galicia
redac
O embaixador en Canadá, D. Enrique Ruiz Molero, e o persoal da embaixada recibiron e se interesaron polas actividades que están levando a cabo nesta cidade estes profesores de inglés e CLIL de educación primaria e secundaria. Eles salientaron o enorme interese que está a ter a inmersión nos centros escolares canadenses así como na vida das familias e na cidade.