A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo organiza este xoves 30 de novembro unha xornada sobre xestión pesqueira sostible dirixida a tódolos seus socios. O evento, que se presenta baixo o título “A importancia do control das cuotas”, terá lugar pola mañá no salón de plenos de Armadores de Burela. O acto inclúe unha presentación sobre o “Programa Gestcuotas: Funcionamento e previsión de implantación”, a cargo de Juan Manuel Elices, Xefe de Área da Subdirección Xeral de Control e Inspección da Secretaría Xeral de Pesca. Pola súa parte, Pablo Lafuente, socio da consultora Inxenia, fará unha exposición sobre “Xestión de datos de capturas para un mellor control”. Esta xornada está incluída dentro do Plan de Producción e Comercialización da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e vai dirixida a tódolos socios tanto da OPP-7 como de Absa, que tamén colabora neste evento.