Site icon Crónica3.com A Mariña

A PATROA DA MÚSICA

A música, que se define como “a arte de combinar os sons co fin de expresar emocións e sentimentos”, ten as orixes na mesma Natureza, pois ao principio era o son dos ventos silvando entre as canas de bambú. Despois, cando o home conquistou o fogo, aprendeo a avívalo suavemente por unha cana; tal vez a primeira flauta nacera así, por casualidade. O home prehistórico utilizaba o corpo como instrumento musical: marcaba o ritmo golpeando o chán cos pés; batía palmas e sacudía colares e pulseras de ósos, de semillas e de cunchas, rodeándose de música para falar cos seus deuses como o fan aínda hoxe os indios Xingú do Amazonas.
Acéptase que a música naceo como canto; é decir, como o descobremento musical da voz humana, expresión artística tan perfecta que permaneceo, durante séculos, afastada de combinacións polifónicas ou acompañada doutros instrumentos.
Foi en Grecia onde se eleva á dignidade de Arte libre, ocupando lugar destacado filósofos e matemáticos se dedicaron á música, como exponente da vida humana. A cultura non é senon o espíritu dun pobo; e cando éste quere expresarse da orixe a aquello que “nace cando morren as palabras: a música, unha das poucas linguaxes universais que coñece a humanidade”.
Cando en 1584 en Italia se fundou a Academia da Música da Igrexa, foi nomeada Patroa, Cecilia de Roma, Santa Cilla; entón xeralizouse a súa veneración e hoxe existen por todas partes sociedades cecilianas que o vindeiro día 22 celebran o Día da Patroa da Música.
A tódolos amantes desta, desexamos unha xornada plena de armónica ledicia, pois, como dixera Cervantes : “ A música compón os ánimos descompostos e alivia os traballos que nacen do espíritu”.

Exit mobile version