Burela 7-11-17. Venres 10 de novembro ás 17:30 h.: xuntanza no local A Moncloa cos mariñeiros xubilados para falar con eles de cómo eran os xogos e as festas cando eran nenos
Mércores 15 de novembro ás 17:30 h.: visita á nave de redeiras, onde coñeceremos os diferentes tipos de redes, como se elaboran e para que especies se usan
Ambas actividades están pensadas para nenas e nenos ate 14 anos, que estarán acompañad@s por responsables de Ledicia. Non é necesaria inscricción previa
Sábado 18 de novembro, no local social da asociación: Obradoiro de instrumentos musicais a cargo de Xosé Maceda. Coñeceremos as técnicas necesarias para a elaboración dun pandeiro. Terá un custe de 55 € para soci@s e 60 € para non soci@s co material incluido para que cada participante marche co seu pandeiro rematado. As prazas son limitadas e para participar será imprescindible inscribirse a través do mail lediciascr@gmail.com. Horario pendente de confirmación segundo as persoas interesadas.