Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz súmase á campaña ‘En negro contra as violencias machistas’

FIRMA DE SINATURAAlfoz, 18 de novembro de 2017. O pasado mércores, o Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela, acolleu o acto de sinatura do protocolo para a campaña “En negro contra as violencias machistas”, ao que asistiu en representación do Concello de Alfoz o seu Tenente-Alcalde Xabier Pardiñas, xunto con representantes de 60 dos 75 concellos e deputacións adheridas.
“Alfoz en negro” buscará durante este mes de novembro a implicación de establecementos comerciais e colectivos do concello para que durante a semana do 25 de novembro mostren nos seus establecementos a campaña “en negro” e dese xeito amosen o seu rexeitamento á violencia machista. Con esta iniciativa “trátase de darlle visibilidade ao sentimento unánime de repulsa da sociedade de Alfoz contra a violencia machista” explica Carmen Xeada, concelleira de Igualdade e Benestar.
Ademais desta acción, o día 25 de novembro haberá un acto ás 20:00 horas, titulado “Alfoz contra a violencia de xénero”, organizado polo Concello de Alfoz e a Asociación Mujeres en Igualdad de Burela, quen ben realizando diferentes accións en Alfoz non últimos dous anos. Os actos serán no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz, e serán presentados polo Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez. Posteriormente interpretarase o squech “Maruxa, isto non é amor… é violencia de xénero”, e a continuación procederase cunha mesa redonda moderada por Mary Fraga, Presidenta da Mujeres en Igualdad Burela, coa intervención de Carmela Pelaez Rodríguez, Traballadora Social do Concello de Alfoz, Sandra Casas Vila, Psicóloga de Mujeres en Igualdad de Burela, experta en Atención a Vítimas de Violencia de Xénero e Natalia Piñeiro Pérez, Mujeres en Igualdad Burela.

Exit mobile version