Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do IES Perdouro realizou unha xeoruta polo litoral burelés. A actividade foi organizada polo Concello

IMG-20171121-WA0014Burela, 21 de novembro de 2017. Unha trintena de alumnos e alumnas do IES Perdouro, de 2º de BAC e 4º da ESO, realizaron unha xeoruta polo litoral burelés, desde A Marosa ata O Perdouro.
Segundo explican as monitoras de Gaia “a xeoruta comezou ás 8:30 horas e rematou ás dúas da tarde. O xeológo Francisco Canosa foi o responsable de guiar ao grupo por esta zona de grande valor xeolóxico, aportando todas as explicacións oportunas para que o alumnado comprendese cómo se formaron esas estruturas tan fermosas”.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, sinalou que “desde o equipo de goberno e máis concretamente desde este departamento de Medio Ambiente seguimos a apostar polas xeorutas e pola educación ambiental. É imprescindible coñecer o noso entorno para valoralo como se merece e actuar en prol da súa conservación. Por iso os custes da actividade son asumidos polo propio Concello, co obxectivo de facilitar aos profesores dos centros educativos de Burela este tipo de actividades”. A edil engadiu que “ademais repartimos unhas unidades didácticas sobre a xeoloxía de Burela, que consideramos poden ser de grande axuda para favorecer a aprendizaxe dos escolares”.

Exit mobile version