Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumn@s de 6º de infantil do CEIP Virxe do Carme achegáronse ao mundo do mar e aos seus oficios. Fixérono acompañados das monitoras de Gaia do Concello burelés

IMG_20171127_091917Burela, 28 de novembro de 2017. Onte, luns, as monitoras de Gaia do Concello burelés acompañaron aos alumnos de 6º de Educación Infantil do CEIP Virxe do Carme a unha excursión. “O obxectivo desta era achegar aos rapaces ao mundo do mar e dos oficios relacionados con el. Visitamos o porto de Burela, coñecemos os distintos tipos de embarcacións, artes de pesca, souberon para que serve a fábrica de xeo, visitamos ás redeiras e achegámonos ao seu traballo, e por último, visitamos a cetárea Burela, onde os rapaces o pasaron xenial coñecendo distintos mariscos da zona”, explican desde Gaia.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, subliñou que “desde este departamento queremos seguir apostando polo coñecemento do noso pobo, as nosas tradicións, e como non pode ser doutro xeito, tratándose de Burela, un pobo pesqueiro por excelencia, do mundo do mar. É moi importante coñecer todo o que nos rodea dende moi pequenos, aprender a valoralo, e así deste xeito, aprender a respectalo e a ser máis sostibles no noso día a día”.

Exit mobile version