Site icon Crónica3.com A Mariña

Álvaro Santos avanza que o Partido contará cun Consello de alcaldes e alcaldesas socialistas para exemplarizar as políticas socialistas

_DSC0260Lugo 9-11-17. O precandidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos, avanzou este xoves nun encontro coa militancia na cidade de Lugo medidas que adoptará para contribuír a unha mellor xestión das decisións que se adoptan no Partido a nivel provincial.

Álvaro Santos explicou que “a finalidade deste Consello de alcaldes e alcaldesas socialistas é a de colaborar coa Executiva provincial para aportar unha maior experiencia na xestión do día a día das institucións”, apuntando que “este órgano se converterá en todo un referente municipal para o noso Partido”.

“Tratarase dunha ferramenta moi útil para unha mellor coordinación das políticas municipais a nivel provincial, así como o debate e a reflexión sobre as políticas locais, e a participación na elaboración do programa electoral”, tal e como sinalou Santos Ramos, quen incidiu en que “este Consello de alcaldes e alcaldesas socialistas nos permitirá ver o traballo que realizan os compañeiros e compañeiras que gobernan en distintos concellos da nosa provincia, co que poderemos establecer unhas boas prácticas para todos os representantes do Partido, aproveitando desde xeito o grandísimo capital humano que ten o PSOE”.

Exit mobile version