Site icon Crónica3.com A Mariña

Ante a folga de examinadores de tráfico Compromiso por Galicia propón a transferencia das competencias na materia

Compostela 20-11-17. A folga que manteñen os examinadores revela que é necesario a transmisión das competencias sobre tráfico e educación viaria á Xunta. Para os galeguistas é precisa a transferencia a Galicia en base á legalidade e as condicións específicas do noso sistema rodoviario.

O conflito non pode ser usado pola CNAE para promover a privatización do sistema para conseguir o permiso de conducir. Desde o ministerio de interior deberan artellar medidas e deixar de desatender este problema de consecuencias económicas nefastas tanto para propietarios de autoescolas, alumnado, traballadores e examinadores. O mesmo tempo, País Basco e Cataluña xa teñen na actualidade transferidas as competencias de tráfico correspondentes, cousa que ningún goberno da Xunta ten reclamado e xestionado, de forma a chegar a aplicar e desenvolver unha das competencias que marca o actual estatuto de autonomía.

O alumnado non pode ser o que pague as consecuencias negativas xa que leva mais de dous meses sen poder acceder as probas de aptitude para a condución. Ademais, moitas das autoescolas do País, están nunha situación económica delicada, que provocará o peche de moitas.

O secretario xeral da formación galeguista, Piñeiro Docampo, entende as reivindicacións dos funcionarios, xa que estes levan pendentes desde uns 10 anos do aumento no complemento específico e xa no 2015 presionaran á administración cunha folga no sector.

Se ben, entende que o problema está a transcender e desde as instancias correspondentes, deberan tenderse as pontes necesarias para chegar a un acordo antes de que o dano para moitas das autoescolas galegas teñan que tirar o peche.

Exit mobile version