Site icon Crónica3.com A Mariña

As instalacións do servizo Opel, en Ribadeo, foron hoxe escenario do curso de pintura de automóbiles, que organizou APAGA e ao que acudiron unha ducia de mestres de automoción chegados desde Avilés, Santiago, Ponteceso, A Guarda e Verín ademais de Ribadeo, así como técnicos de empresas desta localidade e tamén de Barreiros

041117 Foto curso pintura 2Neste novo Fin de semana tecnolóxico, que foi totalmente práctico, os asistentes abordaron cuestións como a aplicación de fondos de última xeración, bases bicapa, barnices innovadores, acabados especiais, aplicacións nun so pase e reparacións rápidas desde o fondo ata o barniz. Este curso de pintura foi impartido por Constantino Gómez, da empresa Axalta Coating Systems Spain. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, asegurou que “pretendemos facer un curso todos os meses ata a celebración do novo Forum de Innovación e Formación sobre Vehiculos, que será en agosto”. A vindeira cita, que se celebrará en decembro, xirará entorno á climatización.

Exit mobile version