Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro participa na presentación da programación do colectivo cultural Ta en artes, na casa da administración de Sargadelos

241117 Ta en ArtesEstivo acompañado do alcalde do Concello de Cervo, Alfonso Villares, na presentación da programación da asociación cultural Ta en Artes que tivo lugar na Casa da Administración, sede do Museo Histórico de Sargadelos. O delegado amosou a disposición da Delegación Territorial a colaborar, coa asociación na difusión da súa proposta cultural, “moi innovadora, que pretende integrar arte e educación”. O Concello de Cervo tamén amosou a disposición a colaborar nesta iniciativa. Neste sentido, explicou que o Museo de Sargadelos, que depende da Xunta de Galicia, albergará unha exposición de traballos impulsados polo colectivo cos centros educativos da Mariña, e lembrou que recentemente o Edificio Administrativo da Xunta en Lugo acolleu tamén unha mostra con obras de artistas integrantes de Ta en Artes.

Exit mobile version