Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia segue sumando no galeguismo

Piñeiro,Eladio e Manuel de RibadaviaGalicia, 4 de novembro de 2017. Este venres e na histórica Vila de Ribadavia celebrabase o acto público de integración de Vía Nova en Compromiso por Galicia, de este xeito a dirección de Compromiso da pasos en cumprimento do mandato congresual de ir sumando sensisbilidades galeguistas a CxG. O Acto foi na emblemática Praza da Magdalena, eceario de moitas accións notables da historía de Galicia, resistencia á invasión inglesa e integración do pobo xudeo. No acto participaron: Manuel Vázquez portavoz de CxG no Concello de Ribadavia, Eladio Fernández Presidente de Vía Nova e Piñeiro Docampo Secretario Xeral de CxG. Máis de 50 galguistas estiveron presentes no acto, do que sinalamos as seguintes intervencións:

Manuel Vázquez: “Como Secretario Local de CxG en Ribadavia, dou ánimo as novas incorporacións e coido que as eleccións de 2019 teñen que ser as de Compromiso, polo traballo serio que facemos nas corporacións donde estamos”
Eladio Ferández: “ Estou encantado e feliz de integrar o proxecto de CxG, que defende os dereitos dos galegos e galegas dentro da construcción de Europa, que vai defender uns dereitos e unha calidade de vida para os residentes de Galicia, no que Ouresne vai ter unha forza importante”
Piñeiro Docampo: “Compromiso é a ferramenta precisa e necesaria para devolver a Galicia a dignidade roubada, para falar de Galicia como Nai e Señora. Defendendo o noso e trabalalndo en conxunto cun Estado integrador e unha Europa dos Pobos donde a Xente e o que importa” “non falamos de ningún Partido, porque o que nos importa é Galicia e ter un proxecto que seña o reflexo da sociedade Galega: plurar, aberta e dialogante, prácticamos o Sentidiño que é a vía galega”

Está é unha aposta forte na expansión do proxecto de CxG que vai constituir as agrupacións de Punxín, Amoreiro e San Amaro. Traballando día a día no País sen tutelas e con pés na Terra.

Exit mobile version