A Coral Polifónica de Ribadeo interpretará 3 pezas ó comezo, como sinal de acollida ó coro invitado.
Sábado 18 de novembro
Os actos de celebración de Santa Cecilia continuarán o sábado. Na igrexa parroquial de Cedofeita, ás 7 da tarde, a Coral cantará a Misa na honra da súa patroa e a continuación ofrecerá un pequeno concerto. Segue así, a Coral, visitando as parroquias do Concello nas que aínda non estivera en ningunha ocasión. Na Misa, lembraranse os coralistas falecidos e os seus familiares e farase, por parte da Coral, unha ofrenda á parroquia, como ven sendo xa habitual, en sinal de agradecemento pola acollida e como mostra de unión e solidariedade.
Despois do concerto terá lugar, no Parador de Turismo, unha cea de confraternidade, á que , ademais de coralistas, excoralistas, familiares, Membros de Honor e colaboradores están invitadas tódalas persoas que desexen compartir a velada coa Coral. As tarxetas para a cea, ó prezo de 30 € , poden retirarse no Parador.
A Coral invita a todos os afeccionados á música a acompañar e apoiar os coros coa súa presenza e desexa que disfruten coas súas interpretacións.