Somos Unha Área Viveiro, coa colaboración do Concello de Viveiro e do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, presentan o concerto en defensa da Sanidade Pública. Unha iniciativa, na que será protagonista a Petit Banda, para sensibilizar e defender o dereito a unha atención sanitaria de calidade e proximidade como o que é, unha conquista da clase traballadora e do pobo, e non un privilexio para quen o poida pagar.
Terá lugar este xoves 5 de novembro ás 20,00 h na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro e ademais de música, no concerto leranse as diversas reivindicacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.