Site icon Crónica3.com A Mariña

Constitución da asociación “Afectados polas louseiras do Val do Río Baos”

vista xeral 5646Mondoñedo 11-11-17. Veciños e veciñas das parroquias de Lindín e Santa María Maior (Mondoñedo) recentemente constituíron a asociación “Afectados polas louseiras do Val do Río Baos”.

Logo de reunións previas de posta en común da problemática da mala convivencia que a causa de varios accidentes están a crear as louseiras asentadas nestas parroquias, ámbalas dúas da empresa Pizarras Veira do Río S.L. (PIVERI).
E partindo con anterioridade á situación actual da boa vontade da veciñanza á hora de aportar solucións e chegar a acordos coa empresa para unha correcta convivencia, e sempre contando coa inestimable mediación da Alcaldesa do Concello de Mondoñedo.
Chegado a este punto debido ao reiterado incumprimento por parte da empresa de ditos acordos, e a uns métodos de traballo desta que impiden o resto das actividades económicas, danan as propiedades privadas, contaminan o medioambiente e sobre todo poñen en perigo a seguridade da cidadanía.
Os membros da asociación acordan iniciar os trámites de información e denuncia ante os organismos pertinentes (Consellería de Economía, Emprego e Industria e concellos de Mondoñedo e Lourenzá) das prácticas ilegais que a empresa a cometer tanto nos seus proxectos como nos espazos públicos de convivencia.

Para desgraza de todos, non tendo que esperar moito debido a que ese mesmo día a empresa efectuou a descarga de maquinaria pesada en vías públicas titularidade da Deputación e do Concello de Mondoñedo. Obviamente sen os permisos oportunos ao carecer dos métodos preventivos necesarios, xa que se causaron estragos no firme da estrada recentemente aglomerada (LU-P-3103) e se esnaquizou a rede de saneamento fluvial ao seu paso. Cabe salientar que ditas vías foran acondicionadas tanto por a Deputación coma por o Concello nos últimos 4 meses, cun importante orzamento económico dos dous erarios públicos que a entendemento da Asociación debe ser resarcido por a empresa.
Ademais de que cos feitos realizados imposibilitan o transito seguro debido as obras que a empresa esta a realizar sen as medidas de seguridade necesarias, realizando taludes en vertical de máis de 20 metros que provocaron o agretamento e futuro derrube da vía que pon en grave perigo de sepultura aos seus empregados, e de caída ao resto de usuarios da vía que nada teñen que ver coa empresa.

Exit mobile version