No acto, esta Alcaldía asinaou os respectivos convenios cos representantes das seguintes entidades deportivas: Club Ximnasia Viveiro, Viveiro SD, AD San Roque, ACD Penalba, CB Baloncesto e Club Balommano Viveiro. Quedarían pendentes, ademais, a sinatura doutros catro convenios con outras tantas entidades deportivas que están pendentes de presentar no concello a documentación necesaria para formalizar dito convenio; ademais, xa se ten firmado outro convenio co Viveiro CF.
Ademais destas subvencións nominativas, o concello debe asumir os custes derivados das distintas instalacións deportivas municipais; estes gastos, a data 31 de outubro de 2017, ascenden á cantidade de 185.122,83 euros.
Para o Concello de Viveiro o deporte é unha prioridade, entendendo que engloba unha serie de valores que cómpre promover. As subvencións referidas concédense a asociacións deportivas que participan en competencións oficias atendendo principalmente aquelas que fomentan o deporte base.