Site icon Crónica3.com A Mariña

Deputación e Concello visibilizan a campaña En negro contra a violencia da man do CB Breogán

FOTO PAZOA Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto á Concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira, visibilizaron este sábado a campaña En negro contra a violencia, durante o encontro do CB Breogán e o ICL Manresa no Pazo Provincial dos Deportes. Os ​Gobernos da Deputación e do Concello sumáronse a esta iniciativa no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, co obxectivo ​de​ educar e concienciar á cidadanía, ao tempo que da visibilidade a esta lacra social​.​

Exit mobile version