Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia interésase polas axudas do Goberno para a instalación de banda longa nos concellos de menos de 5.000 habitantes

Madrid, 17 de novembro de 2017.- A alcadesa de Mondoñedo, Elena Candia, mantivo este venres unha reunión co director xeral de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Alberto Rodríguez Raposo, para analizar e estudar as axudas que concede o Goberno Central para a instalación da banda longa nos concellos de menos de 5.000 habitantes.

Neste senso, o obxectivo, asegura, “é intentar atopar as mellores solucións de conectividade de banda longa en Mondeñedo, pois entendemos que as infraestruturas dixitais poden atraer investimentos e talento dixital”, remarca a titular municipal.

Deste xeito, a rexedora busca con esta conversa “sacar o máximo rendemento destas subvencións”, entre outras as incluídas no decreto 898/2017 e publicado no Boletín Oficial do Estado o pasado 20 de outubro de 2017.
Características do programa
Concretamente, con esta liña de actuación, o Executivo Central pretende ampliar a cobertura das redes de nova xeración mediante canles de acceso de moi alta velocidade (100 Mbps ou superior no senso descendente). A contía total dispoñible para esta convocatoria, que foi publicada no BOE o 16 de maio deste ano, é de 100 millóns de euros, e distribúese por Comunidades Autónomas en concordancia co financiamento previsto no Programa Operativo FEDER de Crecemento Intelixente 2014-2020.

A intensidade máxima das axudas varía entre o 40 e o 80%, dependendo da Comunidade Autónoma. O proxecto financiable máximo por proxecto é de 4 millóns de euros.

Exit mobile version