Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela a Casa de Cultura acolleu a celebración de parte dos actos organizados para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero

241117 Foto Burela en NegroAlí foron entregados os premios aos gañadores do concurso de Microrrelatos e Lemas contra a violencia de xénero 2017, que foron Manuel Gil Castro, na categoría de maiores de 18 anos co relato 1,79; Iria Rivas Prieto, na categoría de menores de 18 anos; e Lucía Mon Balseiro, co lema Quérete e quere, respétate e respeta. Mensaxes reivindicativas, cancións ou mesmo ilusionismo centraron o acto desta mañá en Burela. O Concello adheriuse este ano á campaña #EnNegroContraAsViolencias e moitos foron os establecementos comerciais que tinguiron de negro os seus escaparates e locais para amosar a súa repulsa contra esta lacra. Na Casa da Cultura déronse cita centros de ensino, asociacións e colectivos da localidade. Alí estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Igualdade, Educación e Medio Ambiente, Patricia Otero, José Díaz e Noelia Mª Ben. Este sábado, as xogadoras de Burela FS lucirán, antes do inicio do partido de liga previsto para as 17:30 horas, as camisetas negras desta campaña.

Exit mobile version