O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, participaron cos alumnos nunha actividade que se desenvolveu nunha finca municipal situada nas inmediacións da Piscina de Liero.
Tal e como apuntaron os nenos plantaron 200 castiñeiros, árbores autóctonos e produtivos ideais para revitalizar as nosas fincas. Unha iniciativa didáctica coa que “se pretende concienciar aos máis pequenos sobre a importancia do coidado dos bosques a través dunha clase teórico-práctica na que adquiriron nocións básicas sobre o aproveitamento produtivo dos nosos montes”.
O rexedor recordou que a plantación de árbores autóctonas forma parte da nosa política forestal dende o primeiro intre, así, nos últimos nove anos levamos plantadas máis de 7.000 especies produtivas en 20 hectáreas de monte municipal, e seguiremos a traballar nesta mesma liña “co obxectivo de deixarlles ás xeracións vindeiras un legado baseado nos bosques autóctonos, no tan habituais a día de hoxe, e amosarlles que poden chegar a converterse, incluso, nun medio de vida no seu futuro”.
Ao remate da actividade o rexedor e a edil entregaron a cada un dos nenos unha maceta cunha semente baixo o lema “sementando vida”.